Wednesday 24 de April de 2024

A Xunta salienta a promoción do Camiño Inglés que representa o Festival Ferrol Ilustrado


Nava Castro asistiu á segunda xornada desta iniciativa cultural que forma parte do programa O Teu Xacobeo e que finaliza hoxe

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na segunda xornada do Festival Ferrol Ilustrado, unha iniciativa promovida no marco do programa do Goberno galego O Teu Xacobeo, co que se está a promover centos de iniciativas vencelladas coa celebración deste Ano Santo.

Nava Castro puxo en valor a posta en marcha desta primeira edición dun festival co que se busca por en valor parte do percorrido do Camiño Inglés pola cidade ao tempo que se recupera música, moda, escenas cotiás, figuras ilustradas e sabores do Ferrol das Luces e da Ilustración. Un Ferrol que é o único porto militar da Ilustración de toda Europa que se conserva intacto e en activo, tal e como destacou a directora de Turismo de Galicia durante a súa intervención